eiva

eiva

(< ár aiba ‘vicio, defecto’)

  1. s f
    1. Defecto físico que padece un organismo.

      Ex: Tiña unha eiva nas pernas e non podía traballar. 

      Sinónimos: tacha. Confrontacións: falta, tara.
    2. Defecto moral que impide que algo ou alguén se axuste ao modelo esixido ou desexado.

      Ex: Unha das eivas deste planeta é a fame. A falta de educación é a eiva dese rapaz. 

      Confrontacións: tara.
  2. s f

    Falta das calidades dunha cousa.

    Ex: Vendían mobles con algunha eiva a un prezo máis barato. 

    Sinónimos: defecto. Confrontacións: tara.
  3. s f

    Mancha nunha planta ou nun froito que indica a presenza de fungos prexudiciais.

    Ex: Este ano as patacas teñen eiva e han secar axiña. As mazás teñen eiva e xa comezan a podrecer.

Palabras veciñas

Eitner, Robert | eito | eito | eiva | eivado -da | eivar | Eive Vilar, Evaristo