deficiencia
(
-
s
f
-
Estado ou calidade de deficiente.
Ex: Presenta unha deficiencia grave no ollo esquerdo. O proceso non puido seguir adiante por unha deficiencia no procedemento.
-
Carencia de algo que se considera necesario ou conveniente.
Ex: As deficiencias localizadas no envío levounos a devolver o pedido.
Sinónimos: defecto, falta, eiva. Confrontacións: insuficiencia.
-
-
s
f
[MED]
Perda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, calquera que sexa a súa causa. As deficiencias poden ser de tipo temporal ou permanente e inclúen a existencia ou aparición dunha anomalía, defecto ou perda producida nun membro, órgano, tecido ou outra estrutura do corpo, incluídos os sistemas propios da función mental. Representan a exteriorización dun estado patolóxico e refliten perturbacións a nivel de órgano. Clasifícanse en intelectuais, psicolóxicas, da linguaxe, do órgano da audición, do órgano da visión, viscerais, musculoesqueléticas, desfiguradoras, xeneralizadas e sensitivas, entre outras.
-
deficiencia cromosómica
[XEN]
deleción cromosómica.
-
deficiencia electrónica
[QUÍM]
Estado no que está un composto cando o número de electróns que forman un enlace químico é menor ca o necesario para formar enlaces simples normais. Neste caso, os enlaces do composto son multicéntricos.
-
deficiencia mineral
[FISIOL]
Carencia de calquera elemento químico necesario para o correcto desenvolvemento dun organismo vivo. A falta destes minerais reflíctese nas distintas especies vexetais e animais mediante síntomas típicos e comúns. Así, se as follas dos extremos dos abrochos se tornan amarelas e os nervios presentan unha cor verde, é sinal inconfundible da escaseza de ferro, mentres que esta carencia no ser humano provoca anemia.
-
deficiencia nutricional
[PAT]
Enfermidade causada pola carencia de vitaminas, minerais e aminoácidos debido a unha dieta inadecuada. É un exemplo o raquitismo, provocado por unha falta de vitamina D, ou o escorbuto, por mor da falta de vitamina C.