Deferr Ángel, Gervasio
Deferr Ángel, Gervasio
Ximnasta. Comezou a practicar a ximnasia na escola e con 11 anos ingresou no Centro de Alto Rendimiento (CAR) de Sant Cugat del Vallès. De alí pasou ao CAR de Madrid e en 1995 debutou co equipo español de ximnasia artística. Especializouse no exercicio de chan, do que se proclamou campión de Europa júnior (San Petersburgo 1998), subcampión mundial absoluto (Tianjin 1999) e subcampión europeo absoluto (Bremen 2000); sen embargo, na súa primeira participación olímpica, nos Xogos de Sidney 2000, non se clasificou para a final da súa especialidade. Pola contra, obtivo a Medalla de Ouro e o título de Campión Olímpico na competición de salto, disciplina na que, ao remate dese ano, ocupou o primeiro posto da clasificación mundial.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona