Defoe, Daniel

Defoe, Daniel

Escritor. Nun principio dedicouse a actividades comerciais. En 1685 participou nunha rebelión fallida contra Xaime II e en 1688 uniuse ao exército de Guillerme II. Durante o reinado da Raíña Ana escribiu, en defensa dos puritanos, o panfleto The Shortest Way wich the Dissenters (O xeito máis rápido de acabar cos disidentes, 1702), feito polo que o encarceraron. No reinado de Xurxo I foi o xornalista político, de signo liberal, máis importante da época. Para mellorar a súa situación financeira comezou a escribir obras de temática moi variada. Escribiu varios libros de narracións de aventuras, como Memoirs of a Cavalier (Memorias dun cabaleiro, 1720), The Life of Captain Singleton (A vida do capitán Singleton, 1720) e Memoirs of Captain Carleton (As memorias do capitán Carleton, 1729). Non obstante , a súa importancia como escritor vén dada, sobre todo, por The Life and Strange Adventures of Robinson Crusoe (A vida e as estrañas aventuras de Robinson Crusoe, 1719), que consta de dúas partes, a segunda publicada en 1920. Publicou, ademais, A Journal of the Plague Year (Diario do ano da peste, 1722), The Fortunes and Misfortunes of the Famous Moll Flanders (As aventuras e desventuras da famosa Moll Flanders, 1722) e Roxana (1724).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso