deformar

deformar

(

  1. v t
    1. Cambiar algo ou alguén o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.

      Ex: El deformoulle o nariz dunha puñada que lle deu. A enfermidade deformoulle a face. A humidade deformou o cadro. A pedrada deformou o capó do coche. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: A obesidade deforma moito.

      Confrontacións: alterar, desfigurar, deturpar.
    2. Alterar algo ou a alguén a súa maneira xenuína de ser ou de se comportar, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.

      Ex: A vida que levara os dous últimos anos deformáralle o carácter. A introdución de novos obxectivos deformou o espírito solidario da organización.

  2. v t

    Alterar a veracidade de algo que se describe ou se relata.

    Ex: Moitas veces os libros de historia deforman a realidade do acontecido. O cronista deformou as palabras do conselleiro.

    Sinónimos: terxiversar.
  3. v pron
    1. Cambiarse o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.

      Ex: O xersei deformouse ó metelo na secadora. Deformóuselle o rostro tralo accidente.

    2. Alterarse a maneira xenuína de ser ou de se comportar de algo ou de alguén, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.

      Ex: Co paso dos anos deformouse a súa inxenuidade.

Palabras veciñas

deformable | deformación | deformador -ra | deformar | deforme | deformidade | defraudación
Conxugar
VERBO deformar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformo
deformas
deforma
deformamos
deformades
deforman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformaba
deformabas
deformaba
deformabamos
deformabades
deformaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformei
deformaches
deformou
deformamos
deformastes
deformaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformara
deformaras
deformara
deformaramos
deformarades
deformaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformarei
deformarás
deformará
deformaremos
deformaredes
deformarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformaría
deformarías
deformaría
deformariamos
deformariades
deformarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deforme
deformes
deforme
deformemos
deformedes
deformen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformase
deformases
deformase
deformasemos
deformasedes
deformasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformar
deformares
deformar
deformarmos
deformardes
deformaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
deforma
-
-
deformade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deformar
deformares
deformar
deformarmos
deformardes
deformaren
Xerundio deformando
Participio deformado
deformada
deformados
deformadas