deformar
(
-
v t
-
Cambiar algo ou alguén o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.
Ex: El deformoulle o nariz dunha puñada que lle deu. A enfermidade deformoulle a face. A humidade deformou o cadro. A pedrada deformou o capó do coche. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: A obesidade deforma moito.
Confrontacións: alterar, desfigurar, deturpar. -
Alterar algo ou a alguén a súa maneira xenuína de ser ou de se comportar, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.
Ex: A vida que levara os dous últimos anos deformáralle o carácter. A introdución de novos obxectivos deformou o espírito solidario da organización.
-
-
v t
Alterar a veracidade de algo que se describe ou se relata.
Ex: Moitas veces os libros de historia deforman a realidade do acontecido. O cronista deformou as palabras do conselleiro.
Sinónimos: terxiversar. -
v pron
-
Cambiarse o aspecto físico ou a forma dunha persoa ou dunha cousa.
Ex: O xersei deformouse ó metelo na secadora. Deformóuselle o rostro tralo accidente.
-
Alterarse a maneira xenuína de ser ou de se comportar de algo ou de alguén, especialmente cando se afasta do que se considera correcto ou esperable.
Ex: Co paso dos anos deformouse a súa inxenuidade.
-
Palabras veciñas
deformable | deformación | deformador -ra | deformar | deforme | deformidade | defraudaciónIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformo
deformas
deforma
deformamos
deformades
deforman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformaba
deformabas
deformaba
deformabamos
deformabades
deformaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformei
deformaches
deformou
deformamos
deformastes
deformaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformara
deformaras
deformara
deformaramos
deformarades
deformaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformarei
deformarás
deformará
deformaremos
deformaredes
deformarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformaría
deformarías
deformaría
deformariamos
deformariades
deformarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deforme
deformes
deforme
deformemos
deformedes
deformen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformase
deformases
deformase
deformasemos
deformasedes
deformasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformar
deformares
deformar
deformarmos
deformardes
deformaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
deforma
-
-
deformade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deformar
deformares
deformar
deformarmos
deformardes
deformaren
deformada
deformados
deformadas