defraudación
(< latdefraudatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de defraudar.
-
defraudación da propiedade industrial
[DER]
Defraudación cometida contra a propiedade industrial que inclúe as accións de competencia ilícita e a falsa indicación de competencia, falsificación, imitación e usurpación.
-
defraudación da propiedade intelectual
[DER]
Defraudación que priva a outra persoa do que por dereito lle corresponde como propiedade sobre unha produción intelectual. Un tipo desta defraudación é a referida á propiedade literaria. A pena que deriva deste delito implica a perda dos exemplares publicados ilegalmente, que han ser devoltos ao propietario defraudado nos seguintes casos: cando se falsifique o título dunha obra ou se imprima coma se fose editada en España cando xa estaba publicada no estranxeiro; cando se importen obras sen pagar os correspondentes dereitos de alfándega; cando nas obras se imiten os títulos doutras para que sexan confundidas con estas; cando se leven a cabo, en España, reproducións de obras de propiedade particular, publicadas en castelán por primeira vez no estranxeiro; e cando se prexudica a autores estranxeiros con algunha das accións mencionadas, sempre e cando entre España e o país estranxeiro implicado exista reciprocidade.
-
defraudación tributaria
[DER/ECON]
Defraudación que realiza o suxeito pasivo co fin de cometer unha fraude á Facenda Pública eludindo o pago dos tributos e o cumprimento das demais obrigas tributarias. Supón a vulneración dunha norma administrativa e a diminución de ingresos para a Facenda Pública.