deformación

deformación

(< latdeformatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de deformar ou deformarse.

  2. [FÍS]
    1. s f

      ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, producida cando cambian as forzas internas. A causa deste cambio na distribución das forzas internas pode ser a variación da temperatura ou a aplicación de forzas exteriores. Se é pequena, crece proporcionalmente ao esforzo; isto é válido dentro da zona de comportamento elástico do material. Sobrepasado este intervalo de tensións, a deformación convértese en permanente unha vez cesa o esforzo que a orixinou e dise que o material se comporta plasticamente. Se as cargas son máis elevadas prodúcese a rotura do material.

    2. deformación elástica

      Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan. O esforzo máximo ata o que a deformación é reversible chámase límite elástico. Para a utilización óptima dun material cómpre traballar con valores inferiores ao límite elástico.

    3. deformación plástica

      Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa. Habitualmente ocorre a altas temperaturas. O material adquire nova estrutura e cambia as súas propiedades sen destruírse. Se se aumenta demasiado a intensidade do esforzo, a estrutura faise máis ríxida e rompe.

    4. enerxía de deformación

      Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme. Se o material é elástico, a enerxía queda acumulada en forma de enerxía mecánica no material, que se recupera cando desaparece a deformación. Se non é elástico, a enerxía consómese no cambio de estrutura.

  3. s f [IMAX]

    Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.

  4. deformación continua [MAT]

    Transformación, nun espazo topolóxico, dun conxunto de puntos noutro, na que se poden producir torsións ou contraccións, pero na que non se producen roturas da configuración inicial.

  5. deformación profesional [PSIC]

    Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.

  6. deformación tectónica [XEOL]

    Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre producido por forzas tectónicas. Caracterízase por un elipsoide definido por tres eixes e pola súa orientación. Pode ser homoxénea, se cada partícula se move uniformemente con respecto ás adxacentes, ou heteroxénea, se o movemento non é uniforme. Se se crean planos de ruptura e esvaramento chámase discontinua e dá lugar a fallas, e no caso contrario, continua, e dá lugar a dobramentos.

Palabras veciñas

deforestado -da | deforestar | deformable | deformación | deformador -ra | deformar | deforme