deglutición

deglutición

(

s f [FISIOL]

Paso de substancias, principalmente alimentos, desde a boca ao estómago. Consta de tres fases: a bucal, na que os alimentos, xa mastigados, pasan á parte posterior da boca empuxados voluntariamente pola lingua cara á farinxe, ao tempo que se eleva a parte inferior da boca e se fixan as mandíbulas; a farínxea, na que o bolo alimenticio vai cara ao esófago de forma rápida; e a esofáxica, na que o alimento vai desde o esófago cara ao cardia de forma pasiva e lenta.

Palabras veciñas

Degas, Edgar | degaxar | degaxo | deglutición | deglutinación | deglutir | degoado -da