deglutinación
deglutinación
(< de- + lat glutinatĭōne)
s
f
[LING]
Fenómeno que consiste na falsa segmentación das unidades léxicas que integran unha cadea fónica, de xeito que unha palabra perde algún dos sons que a constitúen. Por exemplo, a forma do galego medieval abodega correspóndese co galego actual a bodega; a forma do portugués orelógio transformouse en relógio; en francés antigo m’amie transformouse en ma amie; e en italiano l’arena transformouse en la rena.