Deifontes

Deifontes
[MIT]

Heroe heraclida, fillo de Antímaco. Casou con Hirneto, filla do heraclida Témeno. Colaborou co seu sogro Témeno no goberno de Argos. Os cuñados, Cérines e Falces, levados pola envexa, mataron o seu pai. Ao saberse a nova, os asasinos foron desterrados e Deifontes, xunto coa súa muller e o cuñado Agreo, estableceuse en Epidauro, onde o Rei Pitireo lle cedeu o trono. Os dous cuñados raptaron a Hirneto, aínda desexosos de vinganza; Deifontes seguiunos e matou a Cérines, pero Falces matou a Hirneto e logrou escapar.

Palabras veciñas

deífico -ca | Deífobo | Deifontes | Deifontes | deiforme | DEIGA | Deilephila