DEIGA

DEIGA

Sociedade anónima que promociona o desenvolvemento da acción industrial e empresarial de Galicia mediante o fomento de explotacións agrarias, marítimas, mineiras, industriais, comerciais e turísticas, e a potenciación da actividade financeira e mercantil. Fundouse o 18 febreiro de 1970 con preto de 400 accionistas socios e, froito das súas actividades, nos anos seguintes constituíronse varias sociedades nos eidos agrícola, industrial e de servicios, entre as que cómpre destacar Industrias Agropecuarias Integrales, SA (INAGRA), SIDERGALICIA, a Comunidad Económica Gallega ou a Sociedad de Prefabricados.

Palabras veciñas

Deifontes | Deifontes | deiforme | DEIGA | Deilephila | Deimos | Deinócrates