Dekkers, Ger

Dekkers, Ger

Fotógrafo neerlandés. Estudiou na Academia de Arte de Enschede (1950-1954). A partir de 1972 creou secuencias fotográficas de paisaxes neerlandesas onde, mantendo o horizonte, foi modificando os primeiros planos. Todas estas secuencias manteñen unha liña horizontal que une todas as fotografías e que constitúe o seu elemento construtivo común. Expuxo as súas creacións na Galerie m de Bochum, en 1976, e no Kröller-Müller Museum de Otterlo, en 1977.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Borne