Del Monaco, Mario

Del Monaco, Mario

Tenor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Pesaro e debutou en 1941 no teatro Puccini de Milán con Madama Butterfly no papel de Pinkerton. De voz potente e un pouco abaritonada, e con grandes dotes interpretativos, destacou particularmente nos papeis das óperas veristas italianas e na interpretación de varios dos papeis das óperas de Giuseppe Verdi, especialmente no de Otello. En varias ocasións formou dúo artístico coa soprano Renata Tebaldi e actuou, entre outros países, no Reino Unido, Alemaña, Brasil, Xapón, Italia, España e EE UU, e no Metropolitan Opera House de Nova York, na Scala de Milán e no Teatro Bol’šoj. Entre as numerosas gravacións operísticas que realizou destacan Otello, Norma, Manon Lescaut, Ernani e A forza do destino.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Mestre, Venecia