Delamotte, Philip Henry

Delamotte, Philip Henry

Fotógrafo. Adoptou o procedemento da calotipia a partir dos estudios realizados por Talbot. Nas súas imaxes recolle múltiples aspectos do desenvolvemento industrial do Reino Unido durante o s XIX. Documentou por vez primeira na historia da fotografía as diversas fases de construción do Palacio de Cristal de Sydenham (1851-1854), en Londres, deseñado por Joseph Paxton. En referencia a este feito publicou Photographic Views of the Progress of the Crystal Palace, Sydenham, taken during the progress of the works, by desire of the Directors. Seguindo o estilo de Gustave Le Gray, dedicouse tamén á reprodución fotográfica das obras de arte incluídas na exposición celebrada en Manchester en 1857.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso