Delaunay, Robert

Delaunay, Robert

Pintor. Considerado como un dos primeiros representantes da arte abstracta en Francia, participou en 1904 no Salon des Indépendants. Entrou en contacto cos cubistas e desenvolveu unha variedade do mesmo que Apollinaire denominou orfismo. En 1909 comezou a serie Saint-Séverin (1909) e en 1910 as versións da Tour Eiffel. Experimentou coa luz e co movemento da cor pura: Fenêtres simultanées (Ventás simultáneas, 1912) e Hommage à Blériot (Homenaxe a Blériot, 1914). Durante a Primeira Guerra Mundial permaneceu en España e Portugal, e regresou a París en 1921. Durante a súa estancia en Madrid coñeceu a Sergej D’agilev, con quen realizou os decorados e vestiarios do ballet Cleopatra. Despois dun período figurativo (1915-1930), ao que corresponde Corredores (1924-1926), volveu aos ritmos abstractos. Entre as decoracións que realizou destacan as da Exposición Internacional de París (1937).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Montpellier