Delbrück, Max
Delbrück, Max
Científico. Doutorouse en Física na Universität Göttingen e traballou no Kaiser Wilhelm Institut de Berlín. En 1937 trasladouse aos EE UU, onde se nacionalizou en 1945. Foi profesor no California Institute of Technology (1947-1977) e na Vanderbilt University, e membro da Academia Nacional das Ciencias. Destacan os seus traballos sobre a xenética dos bacteriófagos e da mosca Drosophila, sobre a fisioloxía dos sentidos e sobre a teoría cuántica dos enlaces químicos. Recibiu con A. D. Hershey e S. E. Luria o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1969 polos seus descubrimentos en relación cos mecanismos de replicación e a estrutura xenética dos virus.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Pasadena