Delfina de Glanderés, santa
Delfina de Glanderés, santa
(s XIV) Terciaria franciscana. Casou con santo Eleazar ou Ausias, nobre cabaleiro provenzal. Na iconografía viste hábito franciscano de cor parda atado ao van cun cordón branco; e leva, como atributos, unha palma ou azucena na man (símbolo da castidade), ou un libro. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.