Delft

Delft

Cidade de Holanda meridional, Países Baixos, situada entre A Haia e Rotterdam (90.030 h [1997]). Atravesada por numerosas canles, as principais industrias son as do vidro, porcelana e cerámica. Do seu patrimonio cultural cómpre destacar a casa do concello (s XVII), a igrexa nova (s XV) co mausoleo de Guillerme o Taciturno, e a igrexa vella (s XIII).