Delgado, Ambrosio
Delgado, Ambrosio
frei (? - León 26.6.1895) Monxe cisterciense. Permaneceu no mosteiro de Santa María de Monfero dende o seu ingreso na orde ata 1835. Foi capelán do mosteiro de San Miguel de las Dueñas. Realizou numerosos estudios históricos sobre a orde do Císter, entre os que destaca unha monografía sobre San Miguel de las Dueñas.