Delgado, Joaquim Filipe Nery da Encarnação

Delgado, Joaquim Filipe Nery da Encarnação

Xeólogo e historiador portugués. Formouse na Escola Politécnica (1835) e na Escola do Exército (1855). Foi vicepresidente do Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía Prehistóricas (1880), no que presentou o relatorio “La grotte de Furninha à Peniche” (A gruta de Furninha en Peniche) co que defendeu a tese do canibalismo dos homes que habitaron o lugar no Neolítico. Colaborou con C. Ribeiro e P. Choffat na Carta Xeolóxica de Portugal. Foi vicepresidente do Comité Internacional de Nomenclatura Xeolóxica. Os seus principais traballos científicos e publicacións foron recollidos por P. Choffat na obra Notice nécrologique sur J. F. Nery Delgado, 1835-1908 (Noticia necrolóxica sobre J. F. Nery Delgado, 1835-1908).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Elvas

  • Deceso

    Lugar : Figueira da Foz