Delgado Capeáns, Ricardo
Delgado Capeáns, Ricardo
Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).