Delibes Setién, Miguel
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, compaxinou a creación literaria, o xornalismo e a docencia como profesor de dereito mercantil na Escuela de Comercio de Valladolid. En 1936 ingresou na Escuela de Comercio e estudiou artes plásticas na Escuela de Artes y Oficios; dous anos máis tarde embarcou no cruceiro Canarias como mariñeiro, ata que regresou a Valladolid ao remate da Guerra Civil española. Foi caricaturista no xornal El Norte de Castilla, baixo o pseudónimo Max, do que foi nomeado director en 1958. A súa obra xira ao redor de dúas teses: a autenticidade da vida rural ante a civilización urbana e a morte como sentido último da vida. O estilo dos primeiros anos vacila entre a novela de tese, densa e lenta, e a de ritmo máis áxil. As súas obras traducíronse a multitude de idiomas (ruso, alemán, italiano, francés, sueco, checo, xaponés, etc) e da súa produción destacan, entre outras obras: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal, 1948), Aún es de día (1949), El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), La partida (1954), Diario de un cazador (Premio Nacional de Literatura de narrativa, 1955), Siestas con viento sur (Premio Fastenrath de la Real Academia de la Lengua, 1957), La hoja roja (1959), Las ratas (Premio de la Crítica, 1962), Europa: parada y fonda (1963), Usa y yo (1966), Cinco horas con Mario (1966), La primavera de Praga (1968), Parábola de náufrago (1969), Un año de mi vida (1972), El príncipe destronado (1973), Las guerras de nuestros antepasados (1975), El disputado voto del señor Cayo (1978), Dos días de caza (1980), Los santos inocentes (1981), Dos viajes en automóvil: Suecia y Países Bajos (1982), Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1983), El tesoro (1985), 377 A, madera de héroe (Premio Ciutat de Barcelona, 1987), Señora de rojo sobre fondo gris (1991), El último coto (1992), La vida sobre ruedas (1992), Diario de un jubilado (1995), El Hereje (Premio Nacional de Literatura de narrativa, 1999). Membro da Academia Española desde 1973 e Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras da República Francesa (1985), foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Valladolid (1983), Complutense de Madrid (1987), El Sarre-Alemaña (1990) e Alcalá de Henares (1996), e concedéuselle a Medalla de Oro de la Provincia na Diputación Provincial de Valladolid (1993) e a Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo (1999). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1982), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1991), o Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes (1993), o Premio de las Letras de la Junta de Castilla y León (1984) e o Premio Extraordinario a la Cultura de Castilla y León (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valladolid -
Deceso
Lugar : Valladolid