Delluc, Louis

Delluc, Louis

Escritor e realizador cinematográfico francés. Fundou o primeiro cineclub en Francia e tamén elaborou as primeiras críticas cinematográficas. Dirixiu Le film (O filme, 1917-1919), foi crítico de Paris-Midi (1918-1923) e fundou e dirixiu a revista Cinéa (1921-1923). Alma da denominada escola impresionista francesa ou primeira vangarda, a súa obra máis importante como escritor cinematográfico foi Photogénie (Fotoxenia, 1920).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cadouin, Dordogne

  • Deceso

    Lugar : París