Delonix
Delonix
[PLANTA]
Xénero de árbores caducifolias, da familia das cesalpináceas, de ata 8 m de altura. Presentan casca agrisada, follas bipinnadas que acadan os 40 cm de lonxitude, flores pentámeras de cor vermella de 12 cm de diámetro dispostas en acios, que dan lugar a froitos grosos en legume, de cor escura e de ata 50 cm de lonxitude. A especie D. regia, orixinaria de Madagascar, cultívase como ornamental en moitas rexións tropicais e subtropicais e está presente, na Península Ibérica, en diversos puntos da Costa del Sol.