Delors, Jacques Lucien Jean
Político e economista. Traballou na Banque de París como asesor de planificación, asuntos sociais e culturais. No ano 1974 ingresou no Parti Socialiste e foi ministro de Economía e Finanzas (1981-1984). Foi deputado do Parlamento europeo (1979-1984) e presidente do Comité económico e monetario das Comunidades Europeas (1979-1981). Tamén presidiu a Comisión Europea (1984-1994), cargo desde o que impulsou a integración europea mediante a aprobación da Acta Única Europea (1986), o Tratado de Maastricht (1992) e a admisión de novos membros. En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional e en 1995 o Premio Carlos V, en recoñecemento á súa tarefa a prol da unificación europea. Publicou Le nouveau concert européen (O novo concerto europeo, 1993).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París