Delsarte, François

Delsarte, François

Actor e profesor francés. Formado no Conservatorio de París, está considerado como un dos precursores da ximnasia moderna. Realizou interesantes contribucións na definición dos fundamentos dunha teoría científica da interpretación a partir do estudo sistemático da xestualidade corporal e da consideración de todo o corpo e dos seus diversos segmentos como centros de expresividade e creatividade, ao tempo que exploraba a relación entre xesto e emoción, buscando unha especie de gramática xestual das emocións. Tradicionalmente vinculado á teoría xeral da ximnasia, a súa influencia no campo da interpretación foi transcendental na obra de directores como Jerzy Grotowski, que converteu o corpo e a voz do actor nos elementos creativos, expresivos e comunicativos centrais do seu proxecto teatral.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso