Delta

Delta
[COSMON]

Serie de foguetes norteamericanos empregados como lanzadeiras, fabricados a partir de 1960 polas compañías McDonnel Douglas e Boeing. Como resposta ao lanzamento do Sputnik en 1957 por parte da Unión Soviética, a NASA desenvolveu un programa para a colocación de satélites no espacio, a partir dun modelo de foguete Thor fabricado pola US Air Force. Durante a década dos oitenta foron os encargados da posta en órbita de diversos satélites de comunicacións, científicos e de exploración planetaria. Entre os vehículos de lanzamento máis destacados figuran o Delta (1960), o PAM-D (1980), o Delta III (1998) e o Delta IV (2002).