demagoxia
demagoxia
(
-
s
f
[POLÍT]
Forma impura de goberno democrático, segundo o concepto aristotélico, na que exercían o poder aqueles individuos que seducían e enganaban as masas mediante o seu discurso e axudados de falsas promesas.
-
s
f
[POLÍT]
Política baseada no uso de métodos emotivos e irracionais que estimulen os sentimentos dos gobernados, e acepten así uns programas de acción impracticables que pretenden unicamente manter situacións de privilexio. Está moi ligada aos sistemas de goberno ditatoriais ou de liderado autoritario que utilizan a adulación ás clases economicamente febles por parte dun líder carismático para o ascenso ao poder.
-
s
f
[POLÍT]
Estado político no que o goberno se entrega á multitude.
-
s
f
Razoamento enganoso para conseguir o apoio dos demais para beneficio propio.