demais
demais
(
cuant
O restante, o que falta. OBS: Emprégase precedido do artigo determinado singular o demais, a demais co significado da parte que resta para completar a unidade (Fai a comida, o demais fágoo eu). Acompañado da forma en plural os demais, as demais indica as unidades do discurso que non foron mencionadas previamente (Nós imos indo, as demais veñen agora). Existe unha forma neutra o demais co valor de ‘todas as outras cousas’ (Ti fai o que teñas que facer que o demais é conto). Non debe confundirse coa locución adverbial de máis ‘en exceso, de sobra’.