Demarcación Cameral

Demarcación Cameral

Publicación en castelán aparecida en febreiro de 1990 en Vilagarcía de Arousa co subtítulo de “Periódico mensual de temas empresariales”. Editouno a Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía de Arousa. Coordinada por Lucrecia Maldonado, contaba cun consello editorial formado por José A. Gago, Luis Jueguen e José M. Siso, e cun consello de redacción nos que figuraban Pablo Vioque e Ignacio García Sánchez. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Energía”, “Tribunales”, “Opinión”, “Navegación”, “Comarcas” e “Legislación”.