Demidov
Demidov
Familia de industriais rusos que se remonta ao s XVII e que se enriqueceu coa explotación mineira. Nikita (1656-1725), fabricante de armas de Tula, encargouse da fundición de canóns para Pedro o Grande, feito que lle permitiu á familia obter un título aristocrático. Ademais, concentrou unha gran riqueza xerada pola explotación das minas de Kolivan e as súas fundicións de Siberia e os Urais. Akinfi (1678-1754) iniciou a explotación das minas de Altai. Pavel (1738-1828), ademais da súa actividade económica, fundou a Universidade de Tobolsk e o xardín botánico de Moscova. Nikolao (1774-1828) foi embaixador en Florencia.