demosponxa

demosponxa

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás desmosponxas.

  2. s f [ANIMAL]

    Esponxa que pertence ás demosponxas.

  3. s f pl [ANIMAL]

    Clase de esponxas, de estrutura leuconoide, caracterizadas por presentar espículas silíceas de seis radios que poden estar unidas entre si, as espículas, por esponxina. Comprende máis do 95% das especies de esponxas e son principalmente mariñas, agás a familia dos esponxílidos que viven en auga doce, como os xéneros Spongilla e Myenia, nas que a esponxa morre deixando xémulas que dan lugar a novas esponxas ao ano seguinte. As especies mariñas preséntanse cunha multitude de formas e poden ser incrustantes, dixitiformes, perforantes, que escavan buratos en cunchas ou outros materiais, en forma de abano ou como almofadas. Algúns dos xéneros máis comúns son Spongia e Hippospongia.

Palabras veciñas

demora | demorar | demosofía | demosponxa | Demóstenes | demostrabilidade | demostrable