Demóstenes
Político e orador. Estudiou oratoria con Iseo e máis tarde traballou na redacción de discursos para outros oradores. Entrou na vida política no 354 a C e enfrontouse ao expansionismo de Filipo II de Macedonia. Foi xefe, xunto con Hipérides, do partido democrático antimacedonio e trala morte de Filipo II continuou loitando contra o imperialismo macedonio ata que o expulsaron da cidade no 323 a C. Volveu para defender a independencia ateniense despois da morte de Alexandre o Grande, pero trala derrota de Cranon (322 a C) suicidouse na illa de Calaurea. Nos seus discursos utilizaba un vocabulario sinxelo, cheo de metáforas e períodos variados. A loita por Amfípolis orixinou o primeiro discurso da serie que lle deu nome: as Filípicas (351 a C), seguírono as tres Olintíacas (349-348 a C), Da paz (345 a C), a segunda Filípica (344 a C - 343 a C), Sobre o Quersoneso (342 a C), e outras dúas Filípicas (341 a C-340 a C). Foi considerado o modelo universal de oratoria.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Calauria -
Nacemento
Lugar : Atenas