Demy, Jacques
Demy, Jacques
Realizador cinematográfico francés. En plena nouvelle vague acadou un gran renome coa obra Lola (1961) e con dúas comedias musicais: Les parapluies de Cherbourg (Os paraugas de Cherbourg, 1963) e Les demoiselles de Rochefort (As señoritas de Rochefort, 1966). Posteriormente realizou, entre outros filmes, Une chambre en ville (Unha habitación na cidade, 1982) e Trois places pour le 26 (Tres prazas para o 26, 1988).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontchâteau, Pays de la Loire -
Deceso
Lugar : París