dengue

dengue
  1. s m [INDUM]

    Prenda de vestir feminina do traxe tradicional de gala. Ten a forma dunha capa curta que remata en dúas puntas longas que se cruzan sobre o peito e se atan nas costas á altura do van. Adoita facerse con veludo e teas de distintas cores, adornado con filigrana e pasamanería.

  2. s m

    Delicadeza esaxerada á hora de facer ou dicir algo.

    Ex: Déixate de dengues e dime qué queres.

    Sinónimos: melindre.
  3. s m [PAT]

    Infección vírica benigna producida por un arbovirus e transmitida polo mosquito Aedes aegypti. Propia de zonas tropicais e dos países mediterráneos, maniféstase mediante febre, dores articulares e musculares, e erupción prurixinosa na cara, nos brazos e no peito, que aparece ao quinto día da enfermidade.

Palabras veciñas

Denevi, Marco | Deng Gang | Deng Xiaoping | dengue | Dénia | denier* | Denifle, Joseph