Denis, Maurice
Teórico de arte, gravador e pintor francés. Estudiou na Académie Julian e na École des Beaux-Arts de París. Membro dos nabís, publicou en Art et Critique o artigo “La définition du Néo-traditionnalisme” (A definición do neotradicionalismo, 1890) no que expuxo o que se considera a clave da estética contemporánea ao afirmar que un cadro era esencialmente unha superficie plana cuberta de cores dispostas nunha certa orde. Admirador dos nazarenos alemáns e dos italianos prerrenacentistas, fixo unha arte de formas modernistas e cores planas. Cofundador dos Ateliers d’Art Sacré (1919), aínda que a miúdo supeditou a arte á relixión, sostivo a teoría da arte pola arte e foi un dos enunciadores teóricos da pintura abstracta. Realizou ilustracións e decorou edificios relixiosos e civís. Entre as súas obras destacan Les muses (As musas, 1893), L’éternel été (O verán eterno, 1900) e Hommage à Cézanne (Homenaxe a Cézanne, 1900). Escribiu Théories (Teorías, 1912), Nouvelles Théories (Novas teorías, 1922) e Histoire de l’Art Religieux (Historia da arte relixiosa, 1939).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Germain -
Nacemento
Lugar : Granville -
Deceso
Lugar : Laye