densidade

densidade

(

  1. s f

    Calidade de denso.

    Ex: A densidade da néboa provocou un choque en cadea na autovía.

  2. [FÍS]
    1. s f

      [ρ]

    2. densidade de carga eléctrica

      Nun punto do espazo no que hai unha distribución de cargas eléctricas, é a carga por unidade de superficie ou volume. No primeiro caso, fálase de densidade de carga superficial, σ=dQ/dS, e, no segundo, de densidade de carga volumétrica, ρ=dQ/dV.

    3. densidade de colisións

      Número de colisións que teñen lugar por unidade de volume e por unidade de tempo cando un fluxo de neutróns determinado atravesa a materia.

    4. densidade de corrente [j]

      Cociente entre a intensidade de corrente (I) que pasa por un condutor lineal e a área da sección transversal (S) do condutor; j=I/S. Tamén se denomina densidade de corrente eléctrica.

    5. densidade de corrente crítica

      Valor máximo da densidade de corrente que un supercondutor pode transportar.

    6. densidade de enerxía [w]

      Enerxía por unidade de volume presente nun espacio. En presenza dun campo eléctrico, a densidade de enerxía eléctrica é w e =1/2E·D, e, en presencia dun campo magnético, a densidade de enerxía magnética é w e =1/2H·B.

    7. densidade de fluxo eléctrico

      desprazamento eléctrico.

    8. densidade de fluxo magnético

      indución magnética.

    9. densidade de probabilidade

      En mecánica cuántica, cantidade ρ(x,t)=|ψ(x,t) 2 | que ofrece a probabilidade de detectar unha partícula descrita pola función dunha onda ψ(x,t) no punto x no instante t. Foi establecida por Max Born en 1926.

    10. densidade de vapor

      Densidade dun gas ou vapor relativa ao hidróxeno, ao osíxeno ou ao aire. É o cociente entre a masa dun volume determinado do gas e a masa dun volume igual de hidróxeno, osíxeno ou aire, nas mesmas condicións de presión e temperatura.

    11. densidade dunha magnitude

      Cociente entre o valor nun punto da magnitude e a unidade de espazo considerada. Fálase, pois, de densidade lineal, superficial ou volumétrica da magnitude, segundo se considere como unidade de espacio o elemento de lonxitude, de superficie ou de volume.

    12. densidade relativa [d]

      Cociente entre a densidade dunha substancia e a densidade dunha substancia de referencia, medidas ambas as dúas nunhas determinadas condicións. É, xa que logo, unha magnitude adimensional. Nos gases adoita definirse como o cociente entre a densidade do gas e a do aire, á mesma temperatura e presión, mentres que nos sólidos e líquidos, como o cociente entre a densidade da substancia e a da auga a unha determinada temperatura. Tamén se denomina gravidade específica.

  3. [FÍS/IMAX]
    1. s f

      Magnitude óptica igual ao logaritmo decimal da inversa da transmitancia τ ou da reflectancia ρ dun medio, transmisor ou reflector respectivamente. Nun medio transparente é o logaritmo decimal da opacidade do medio. Nunha emulsión fotográfica, unha vez exposta e revelada, mide o ennegrecemento da placa. Tamén se denomina densidade óptica.

    2. densidade de fondo

      Densidade óptica das zonas non expostas dun negativo ou dunha copia fotográfica. É máis grande canto máis rápida é a emulsión.

    3. densidade dunha cor

      Cantidade de gris dunha cor que se mide pola saturación. Unha cor saturada, que ten pouco gris, é pouco densa, mentres que unha cor pouco saturada, que ten moito gris, é moi densa.

    4. densidade espectral

      Dada unha magnitude A que é función da lonxitude de onda dun fenómeno ondulatorio e dado un valor concreto da lonxitude de onda, λ 0 , cociente entre a diferencia dos valores de A nos extremos dun intervalo infinitesimal Δλ do espectro, intervalo centrado en λ 0 , e a lonxitude deste intervalo: A λ =ΔA/Δλ.

    5. densidade fotográfica

      Medida da opacidade dunha emulsión fotográfica.

    6. densidade neutra

      Densidade óptica dun medio transmisor ou reflector que non modifica a distribución espectral das cores que compoñen a luz que inciden nel. Un filtro de densidade neutra ou filtro gris atenúa uniformemente todas as cores de xeito que non cambia o ton da luz transmitida senón só a cantidade de luz que o atravesa.

  4. [ECOL]
    1. densidade absoluta/bruta

      Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo total.

    2. densidade de poboación

      Número de individuos dun grupo definido presentes nunha unidade territorial determinada. No caso das plantas, relaciónase coa distancia media entre individuos adxacentes.

    3. densidade ecolóxica

      Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo habitable, que é a área ou o volume dispoñible que pode ser realmente colonizado pola poboación.

    4. densidade óptima

      Densidade dunha poboación ou comunidade animal ou vexetal dunha zona, que ofrece un rendemento máximo sen prexudicar a capacidade de soporte do hábitat.

    5. densidade relativa

      Densidade dunha especie determinada, expresada como proporción da densidade total de todas as especies presentes na área.

  5. [ASTRON]
    1. densidade cósmica

      Razón entre a masa total contida no Universo e o seu volume. O seu valor determina que o Universo sexa aberto ou pechado.

    2. densidade de fluxo

      Potencia emitida por un obxecto, por unidade de superficie e por unidade de amplitude espectral, medida xeralmente en frecuencias. A unidade de densidade de fluxo que se emprega correntemente en radioastronomía é o jansky.

    3. densidade estelar

      Número de estrelas por unidade de volume.

    4. teoría das ondas de densidade

      Teoría que intenta explicar cómo se mantén a estrutura en espiral dunha galaxia, a partir do fluxo de materia, cara a dentro e cara a fóra dos brazos da galaxia, causado pola gravitación. Foi proposta en 1964 por C. C. Lin e F. H. Shu.

  6. [BÉL]
    1. densidade de carga

      Relación entre o peso dun explosivo expresado en quilogramos e a capacidade ou volume interior da cámara de explosión.

    2. densidade de fogo

      Número de impactos efectuados cunha arma de fogo por unidade de lonxitude ou de superficie (xeralmente por hectómetro e por hectárea, respectivamente). É a característica que permite xulgar mellor un tiro de fusil.

  7. [INFORM]
    1. densidade de compacidade

      Número de dispositivos ou circuítos integrados por unidade de área nun chip.

    2. densidade de gravación

      Número relativo de unidades de información (bits) contidas nunha certa dimensión (lineal ou superficial), dun medio de almacenaxe ou memoria.

  8. densidade aparente [XEOL]

    Densidade relativa dun solo respecto á auga.

  9. densidade de poboación [DEMOG]

    Concepto e indicador da xeografía da poboación que constitúe a correlación máis elemental entre a poboación e o espacio. Establécese, normalmente, en habitantes por quilómetro cadrado, pero neste nivel ten unha significación moi imprecisa e a miúdo confusa, xa que este cociente depende da superficie variable, e esta non só presenta valores moi desiguais, senón que obedece xeralmente a demarcacións administrativas case sempre arbitrarias. Para afinar a significación da densidade de poboación, adoita calcularse en función das hectáreas de terra cultivada ou ben -fóra xa do sentido espacial-, en relación co produto nacional bruto da área estudiada; así, obtense un novo indicador: a renda per cápita ou, máis exactamente, o produto bruto per cápita.

  10. densidade de probabilidade dunha variable aleatoria continua [MAT]

    Derivada da función de distribución, ou de repartición, desta variable.

  11. densidade de tráfico [TRANSP]

    Número de vehículos que nun momento determinado circulan por unidade de lonxitude dunha calzada ou vía.

  12. densidade potencial [METEOR]

    Densidade que adquire unha masa de aire seco ao ser levada adiabaticamente e reversiblemente a unha determinada presión de referencia, xeralmente 0,1 MPa.

Palabras veciñas

denotación | denotar | denotativo -va | densidade | densificación | densificar | densifloro -ra