dentición

dentición

(

  1. s f

    Conxunto dos fenómenos de formación e erupción dos dentes. Nos humanos e nos mamíferos, en xeral, prodúcense dúas denticións: a primeira, decidua ou de leite, e a segunda, permanente ou definitiva.

    Ex: Os nenos pequenos adoitan sufrir pequenas molestias durante a dentición.

  2. s f [ANAT]

    Conxunto dos dentes dun vertebrado, que se define polo tipo, número e disposición destes.

    Ex: A dentición cambia nos homes entre os seis e os doce anos.

    Sinónimos: dentadura, dentame.

Refráns

  • A moa cordial ás outras faille mal.

Palabras veciñas

dentesil | Dentex | denti- | dentición | denticulado -da | denticular | dentículo