denticulado -da

denticulado -da

(

  1. adx

    Que ten no bordo pequenos recortes en forma de punta ou arredondados que semellan dentes.

    Ex: Esa clase de árbores caracterízanse por posuír unhas follas denticuladas.

    Sinónimos: denticular.
  2. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase ao bordo dun escudo constituído por dentes en forma de ángulos agudos, xeralmente con esmaltes alternados e diferentes dos do campo.

    2. Aplícase á peza cos perfís exteriores provistos de dentes de ángulos agudos, xeralmente con esmaltes alternados e diferentes dos da peza.

  3. adx [ARQUIT]

    Aplícase ao elemento decorativo formado por medio de dentículos ordenados en serie.

  4. adx [ARQUEOL]

    Aplícase ao útil lítico que presenta unha serie de escotes, nun ou en varios bordos, de forma máis ou menos regular e continuada.

Palabras veciñas

Dentex | denti- | dentición | denticulado -da | denticular | dentículo | dentiforme