dentón -na
dentón -na
(< dente)
-
adx
Que ten os dentes grandes e prominentes.
Ex: A súa amiga é unha rapaza moi dentona.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño do xénero Dentex, da familia dos espáridos, de corpo oval e de ata 100 cm de lonxitude, duns 8 decímetros de longo. Os exemplares adultos teñen unha cor acastañada, con pequenas manchas azuis verdosas no lombo e nos costados, e aletas alaranxadas. É un peixe carnívoro que posúe dentes cónicos, sen molares, e que abunda no Mediterráneo, especialmente preto do litoral, entre os trinta e os douscentos metros de profundidade.
-
s
m
[FUNGO]
cornizó.
-
s
m
[HERÁLD]
Cada un dos dentes dunha peza dentada.