dentro

dentro

(< lat de + intro)

adv

No interior de algo.

Antónimos

Frases feitas

  • Dentro de 1 loc prep No interior dun espazo real ou figurado. Ex: Pasei as festas dentro da casa por mor da chuvia. Dentro da súa mente non hai respostas para isto. OBS: Para indicar movemento cara a, a través de ou a partir de, pode ir precedido dunha preposición. Ex: Non te poñas aí e pasa para dentro da casa. ANT: fóra de.

  • 2 loc prep 1 No interior dun período determinado. Ex: Non dei feito os recados dentro da mañá. 2 Despois de que se cumpra un período de tempo que se indica a continuación. Ex: Dentro de media hora comeza o programa de televisión. OBS: Pode ir incrementado ou non pola preposición ata. Ex: Non volve ir ao médico ata dentro dun mes.

Palabras veciñas

dentómetro | dentón -na | dentro | dentro | dentrufo | Dentz, Fernand | denudación