fóra

fóra

(< lat fŏras)

  1. adv

    No exterior dun determinado lugar ou do lugar dende o que está o que fala. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra. Palabra fóra da boca é pedra fóra da man. De fóra virá quen bo me fará. De fóra virá quen da casa nos botará. De fóra virá quen nos amolará. Ata que se sae da casa non se sabe o que fóra pasa”.

    Ex: Os teus amigos están esperando fóra. 

    Antónimos: dentro, dentro.
  2. prep

    Indica que se exclúe a persoa ou cousa que se expresa.

    Ex: Fóra o sal pode comer de todo. 

    Sinónimos: agás, bardante, excepto, quitado, quitando, sacando, tirante, agás, bardante, excepto.
  3. interx

    Emprégase para expresar o rexeitamento ou o desexo de que algo ou alguén non estea nun lugar.

    Ex: Fóra, marcha antes de que me enfade!

  4. [DEP]
    1. s m

      Infracción que se produce nalgúns deportes de oposición con balón ao sobrepasar éste as liñas que delimitan o terreo de xogo.

    2. fóra de xogo

      Posición irregular na que se encontra un xogador nalgúns xogos de balón cando permanece colocado ou se sitúa entre a pelota e a liña de fondo contraria sen que haxa, entre esta e el mesmo, o número de xogadores contrarios requiridos no regulamento.

Frases feitas

  • 1 Situado no exterior de algo. Ex: A carne está fóra da neveira.

  • 2 A excepción de. Ex: Fóra das túas irmás, irán todas.

  • 3 Indica que algo sucederá a non ser pola causa que se indica. Ex: Fóra dun problema grave irei á festa.

  • De fóra. Indica que algo ou alguén é doutra población ou país. Ex: Esa rapaza ten acento estraño, debe ser de fóra.

  • Fóra a alma/Fóra Deus e a alma. Comparanza esaxerada entre unha persoa e un animal.

  • Fóra de loc prep

  • Fóra de contas. Indica que xa se cumpriu o tempo de embarazo.

  • Fóra de que loc conx A excepción de que. Ex: Fóra de que estou no paro, a vida vaime ben.

  • Fóra de si Moi nervioso e alterado.