foraborda

foraborda

(< fóra + borda)

  1. adx e s m [MAR]

    Aplícase ao motor movible, situado nunha barca ou nunha embarcación deportiva, que xeralmente vai fixado ao coroamento ou ao espello de popa, aínda que tamén pode ir arrimado a un dos costados.

  2. s [MAR]

    Embarcación provista dun motor foraborda, xeralmente pequena e lixeira, empregada especialmente en competicións deportivas.