Denuncia
Denuncia
Publicación de carácter nacionalista, aparecida en 1965 en Venezuela e editada pola Unión do Pobo Galego (UPG). Contraria ao réxime franquista, subtitulouse “Órgano informativo e de ataque que, con eficacia e rapidez, desenmascare tódalas maniobras antigalegas e antipopulares do Réxime Franquista”. Editouse en Galicia ao ano seguinte co subtítulo de “Folla informativa da UPG (Unión do Pobo Galego)”. Incluía artigos sobre a concentración parcelaria, os accidentes laborais, os problemas no eido do campo e da pesca, a loita contra as grandes empresas, etc.