Depestre, René
Depestre, René
Poeta haitiano. A súa adscrición ao comunismo obrigouno a exiliarse en 1946 a Italia e Cuba, onde exerceu a docencia na Universidade. En 1978 instalouse en Francia e traballou na UNESCO. Publicou, entre outras obras: Étincelles (Centellas, 1945), Alléluia pour une femme-jardin (Aleluia para unha muller-xardín, Premio Goncourt, 1973), Pour la révolution pour la poésie (Pola revolución pola poesía, 1974), Poète à Cuba (Poeta en Cuba, 1976), Hadriana dans tous mes rêves (Hadriana en todos os meus soños, Premio Renaudot 1988) e Eros dans un train chinois (Eros nun tren chinés, 1990). En 1993 recibiu o Prix Apollinaire.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Jacmel