Deportivo
Deportivo
Publicación aparecida en abril de 1992 na Coruña. Dirixida por Pedro Arias, conta cun equipo de redacción formado entre outros por Luisa Franco, Antonio Llamas, Berta Guillín e Manuel Corredoira. Malia que a maior parte dos seus contidos están dedicados á actividade do Real Club Deportivo de La Coruña, tamén contén información sobre outros deportes como o ciclismo, o baloncesto ou o mundo do motor. Cunha tiraxe de 17.000 exemplares, dirixidos especialmente aos socios do club de fútbol, é unha das publicacións con maior difusión de Galicia.