deposición
deposición
(< lat depositĭōne)
-
s
f
Acción de depoñer.
-
s
f
Materia defecada.
Ex: O médico recolleu no informe que houbo deposicións con sangue.
-
s
f
[DER]
Pena vindicativa eclesiástica que se lles aplicaba aos clérigos consistente na suspensión do oficio, na inhabilitación para obter novos cargos e na privación de todos os beneficios, cargos e pensións que o reo posúe.
-
s
f
[DER]
Exposición ou redacción realizada verbalmente perante un xuíz ou tribunal.
-
s
f
[HIST]
Privación dunha dignidade ou cargo. A nobreza utilizouna na Idade Media como arma de presión sobre os soberanos. Algúns exemplos da historia española foron a deposición de Afonso X (1282) e a de Enrique IV (Farsa de Ávila, 1465).