depresivo -va

depresivo -va

(< lat depressu, supino dedeprimĕre)

  1. adx

    Que deprime.

    Ex: As súas palabras eran tan depresivas que xa non sabía qué dicir.

    Confrontacións: deprimente.
  2. adx e s
    1. Que ou quen padece unha depresión.

      Ex: Os enfermos depresivos adoitan recaer na primavera. Os depresivos están internados no pavillón norte do hospital.

    2. Que ou quen ten tendencia a padecer depresións.

      Ex: O seu carácter depresivo lévao a non saír moito da casa. É depresivo por natureza.

  3. adx

    Relativo ou pertencente á depresión.

    Ex: Padece unha enfermidade depresiva.