depresor -ra

depresor -ra

(< lat depressōre)

  1. adx

    Que deprime.

    Confrontacións: deprimente.
  2. s m [TECNOL]

    Redutor da presión.

  3. s m [MED]

    Medicamento que actúa sobre o sistema nervioso central e diminúe a súa función. Clasifícanse en diversos grupos: anestésicos xerais, hipnóticos, sedantes, narcóticos, analxésicos e antipiréticos. A clasificación non ten límites ben definidos, xa que en moitos casos o efecto depende da dose e, por outra banda, unha mesma substancia pode ter varios tipos de actividade.

  4. depresor lingual [MED]

    Instrumento semellante a unha espátula recta que se emprega para abaixar a lingua e practicar a inspección da gorxa.